mercoledì 8 febbraio 2012

Giulia Lanciani - Accademico d’Onore della Real Academia Galega


Nella sessione accademica tenutasi il 21 gennaio del corrente anno Giulia Lanciani è stata nominata Accademico d’Onore della Real Academia Galega.


http://xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=81384


A profesora Lanciani, Catedrática de lingua e literatura portuguesa e brasileira, do Departamento de literaturas comparadas da Universidade de Roma Tre, é unha eminente investigadora e divulgadora do noso corpus lírico medieval, con edicións e importantes estudos que son referencia obrigada entre os estudosos deste campo
No ámbito da literatura medieval cultiva varias liñas entrelazadas: a xénese da lírica galego-portuguesa, a edición crítica de varios trobadores, a análise das características da tenzón e da sátira, etc. Cómpre salientar, neste terreo, que Giulia Lanciani, que tivo a feliz percepción de que esta floración literaria só se podía explicar ben como un fenómeno cultural de retagarda, contribúe de maneira decisiva a poñer o foco sobre Galicia e a reclamar, cada vez máis, a galeguidade dese corpus lírico que outros contribuíron a etiquetar como galego-portugués.

É unha embaixadora da lingua e literatura galegas contemporáneas en Italia e noutros lugares de Europa, con intervencións que tocan a tradución, a xestión de edición, a defensa en xurados de premios e a noticia no estranxeiro de varios dos nosos autores contemporáneos, que se suman á acollida cálida aos novos escritores e ao mestrado dos nosos investigadores. Abonde mencionar a colección “Poeti e prosatori galeghi”, da editorial Japadre (1989), que se iniciou coa súa tradución de Os escuros soños de Clío (C. Casares) e continuou coa de G. Tavani de Tempo en Compostela (S. García-Bodaño).

Giulia Lanciani acaba de ser homenaxeada pola Universidade de Lisboa, que a nomeou doutora Honoris causa (febreiro de 2011), e pola República Portuguesa coa distinción de Grande-Oficial da Ordem do Infante Dom Henrique (maio 2011). Os investigadores galegos ofrecéronlle unha homenaxe en forma de libro en 2009, Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor. Homenaxe á profesora Giulia Lanciani (coord. Mercedes Brea, Santiago de Compostela: CIRP).

Nessun commento: